FAIS DODO En 4º estamos aprendendo un tema chamado "Fais dodo" ("Durme"). Nesta partitura aparecen as dúas partes, A e B, pero nós aínda estamos practicando a parte A, ata a dobre barra con dous puntos, que quere dicir que se repite.
Podemos practicala dende a páxina web do noso querido "Don Lu": Fais Dodó
APRENDO MOITA MÚSICA! Os nenos e nenas de 1º A e 1º B estamos practicando o ritmo coas figuras NEGRA (ta) e CORCHEAS (ti-ti). Gústanos a páxina web "Aprendo Música con las TIC"
O SON DO AR é o título do tema do grupo Luar na Lubre que estamos preparando os de 6º. Aquí tedes o enlace (xa sabedes que podedes poñelo a unha velocidade máis lenta para practicalo mellor)
Ola a todos!
Botamos a andar o blog da aula de Música, e comezamos cunha reflexión: MÚSICA ... PARA QUE?