xoves, 12 de decembro de 2024

Vivamos xuntos o Nadal!

Imos aprender esta canción para o Nadal 

💓🎊🎊🎵🎵🎵

VIVAMOS XUNTOS O NADAL



martes, 5 de novembro de 2024

"OLE, LARANXIÑA" E "O VERDEGAIO"

Na próxima semana celebraremos o Magosto no CEIP da Cruz, e imos recibir a visita das pandeireteiras "As Camoesas", dirixidas por Eva Méndez, que foi alumna do cole. Para poder cantar con elas, imos aprender dúas cantigas.

1-  O pasadobre de Laxoso (Pontecaldelas), coñecido por "Ole, laranxiña"


Aquí escoitamos ás propias mulleres de Laxoso, que se uniran para formar o grupo "Dignas do querer". Unha delas, Áurea Adán, colaborou moitas veces no programa Luar da TVG; tiña moi boa voz, sabía moitísimas cantigas e tamén improvisaba coplas. 

Nunha entrevista que lle fixeron, inventou estas dúas letras, animando aos nenos a falar en Galego:  

Falade galego, nenos,

xa o falaba a vosa avoa. 

Para falar ben galego, 

hai que mamalo na escola

 

 Cantade todos en galego, 

cantade con alegría; 

o galego é o noso, 

xa o dicía Rosalía 

 

 O programa "Alalá" tamén fixo un programa dedicado ás cantareiras de Laxoso:

 
 
E 4 anos máis tarde fíxose outro "Alalá" a "Dignas do querer": 
 

2- "O Verdegaio" é unha cantiga galego-portuguesa, aprendida a Isaura do Xerelo, de Calvos de Randín (Ourense), e que as famosas pandeireteiras Leilía gravaron hai xa uns anos:

mércores, 16 de outubro de 2024

Coreografía para o Samaín/ Halloween

Unha coreografía faciliña para que todos bailemos na festa do Samaín, coa música de "Thriller", de Michael Jackson

martes, 15 de outubro de 2024

Tengo una muñeca

Nova canción para que os de 4º practiquen co carillón:

luns, 14 de outubro de 2024

martes, 1 de outubro de 2024

O MEU AMOR MARIÑEIRO

Esta canción foi gravada polo grupo "Fuxan os ventos". A letra é a adaptación ao galego do poema "A trova do amor Lusíada", do poeta portugués Manuel Alegre. Aquí tedes 2 versións: unha, da cantante Tamy Madoy (prima dunha alumna de 5º) e outra de Fuxan os Ventos.

martes, 24 de setembro de 2024

2 cancións para carillóns

Con estes 2 temas comezamos a practicar cos carillóns:





martes, 17 de setembro de 2024

Ribeirana de Lira

Comezamos este curso aprendendo a "Ribeirana de Lira". recollida polos Carunchos na aldea de Lira (Salvaterra de Miño):
div>

luns, 10 de xuño de 2024

"Volaré"

"Volaré", un dos temas da BSO da película "Brave", para que cantemos todos xuntos

martes, 28 de maio de 2024

A girl like you

Levamos unhas semanas falando da importancia do entrenamento vocal, para coidar a nosa voz e prepararnos para cantar. Acabamos de describir a unha "coach" vocal, Cheril Potter:

mércores, 8 de maio de 2024

O crocodilo

"O crocodilo", canción de Susa Herrera, do libro-disco "Cantos animais"

venres, 12 de abril de 2024

Surprise Symphony

Novo tema para os de 3º e 4º, para practicar cos carillóns. Trátase da Sinfonía número 94 do compositor Haydn.

mércores, 20 de marzo de 2024

O carnaval dos animais

O carnaval dos animais, do compositor francés Camille Saint-Saëns Musicograma:

mércores, 6 de marzo de 2024

mércores, 24 de xaneiro de 2024

Notas Si e La

As nenas e nenos de 4º comezaron coa frauta doce. Aquí están 2 canción para coas notas SI e LA, con acompañamento, para ir lendo no pentagrama: