Translate

xoves, 12 de decembro de 2024

martes, 5 de novembro de 2024

"OLE, LARANXIÑA" E "O VERDEGAIO"

Na próxima semana celebraremos o Magosto no CEIP da Cruz, e imos recibir a visita das pandeireteiras "As Camoesas", dirixidas por Eva Méndez, que foi alumna do cole. Para poder cantar con elas, imos aprender dúas cantigas.

1-  O pasadobre de Laxoso (Pontecaldelas), coñecido por "Ole, laranxiña"


Aquí escoitamos ás propias mulleres de Laxoso, que se uniran para formar o grupo "Dignas do querer". Unha delas, Áurea Adán, colaborou moitas veces no programa Luar da TVG; tiña moi boa voz, sabía moitísimas cantigas e tamén improvisaba coplas. 

Nunha entrevista que lle fixeron, inventou estas dúas letras, animando aos nenos a falar en Galego:  

Falade galego, nenos,

xa o falaba a vosa avoa. 

Para falar ben galego, 

hai que mamalo na escola

 

 Cantade todos en galego, 

cantade con alegría; 

o galego é o noso, 

xa o dicía Rosalía 

 

 O programa "Alalá" tamén fixo un programa dedicado ás cantareiras de Laxoso:

 
 
E 4 anos máis tarde fíxose outro "Alalá" a "Dignas do querer": 
 

2- "O Verdegaio" é unha cantiga galego-portuguesa, aprendida a Isaura do Xerelo, de Calvos de Randín (Ourense), e que as famosas pandeireteiras Leilía gravaron hai xa uns anos:

mércores, 16 de outubro de 2024

Coreografía para o Samaín/ Halloween

Unha coreografía faciliña para que todos bailemos na festa do Samaín, coa música de "Thriller", de Michael Jackson

martes, 1 de outubro de 2024

O MEU AMOR MARIÑEIRO

Esta canción foi gravada polo grupo "Fuxan os ventos". A letra é a adaptación ao galego do poema "A trova do amor Lusíada", do poeta portugués Manuel Alegre. Aquí tedes 2 versións: unha, da cantante Tamy Madoy (prima dunha alumna de 5º) e outra de Fuxan os Ventos.

martes, 17 de setembro de 2024

Ribeirana de Lira

Comezamos este curso aprendendo a "Ribeirana de Lira". recollida polos Carunchos na aldea de Lira (Salvaterra de Miño):
div>

luns, 10 de xuño de 2024

martes, 28 de maio de 2024

A girl like you

Levamos unhas semanas falando da importancia do entrenamento vocal, para coidar a nosa voz e prepararnos para cantar. Acabamos de describir a unha "coach" vocal, Cheril Potter:

mércores, 8 de maio de 2024

venres, 12 de abril de 2024

Surprise Symphony

Novo tema para os de 3º e 4º, para practicar cos carillóns. Trátase da Sinfonía número 94 do compositor Haydn.

mércores, 20 de marzo de 2024