Aquí está a canción "Pipeta e probeta", creada coa axuda da IA Suno, coa que os nenos e nenas de Infantil do CEIP da Cruz desfilarán na festa de Entroido:
mércores, 19 de febreiro de 2025
Día de Rosalía de Castro
Este venres celebraremos o Día de Rosalía de Castro, a nosa poeta.
Cantaremos esta fermosa versión da Alborada de Rosalía de Castro, musicada pola cantante Uxía:
Logo de que Rosalía escribira a súa Alborada, moitas persoas quixeran saber como era a música que ela usou para a letra.
Foron persoas como Perfecto Feijoo e Casto Sampedro quen se dedicaron a investigar para atopar esa música orixinal. Mesmo a filla de Rosalía, Alexandra, cantou para eles, pero nunca se soubo con certeza cal era a música verdadeira de Alborada.
Así, quedou como unha especie de misterio que sempre será parte do soño, e todas as versións da canción son verdadeiras de algún xeito.
No ano 1920, a Alborada de Rosalía foi gravada por un grupo de músicos de Soutelo, e desde daquela moitos gaiteiros tomaron esa versión para aprender e tocar a canción.
mércores, 12 de febreiro de 2025
"A saia da Carolina", no Día Europeo da Música nas Escolas
Temos unha gran noticia!
O día 14 de marzo ás 11 da mañá, mostraranse todos os traballos e proxectos musicais na cerimonia inaugural.
Ese día estaremos moi atentos para ver como en toda Europa vaise escoitar a nosa versión desta canción tradicional cantada en galego (que tamén se canta en Portugal, León e Asturias).
Así que preparade os vosos instrumentos, afinade as vosas voces e imos facer música xuntos para celebrar ese día tan chulo!