Translate

mércores, 19 de febreiro de 2025

PIPETA E PROBETA

 Aquí está a canción "Pipeta e probeta", creada coa axuda da IA Suno, coa que os nenos e nenas de Infantil do CEIP da Cruz desfilarán na festa de Entroido:


 

CIENCIA QUE COIDA E PRESERVA: "Moving" (Macaco)

 5º e 6º:


 

 

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS



3º e 4º: EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS


 


 

Día de Rosalía de Castro

Este venres celebraremos o Día de Rosalía de Castro, a nosa poeta.

Cantaremos esta fermosa versión da Alborada de Rosalía de Castro, musicada pola cantante Uxía:

Logo de que Rosalía escribira a súa Alborada, moitas persoas quixeran saber como era a música que ela usou para a letra. 

Foron persoas como Perfecto Feijoo e Casto Sampedro quen se dedicaron a investigar para atopar esa música orixinal. Mesmo a filla de Rosalía, Alexandra, cantou para eles, pero nunca se soubo con certeza cal era a música verdadeira de Alborada

Así, quedou como unha especie de misterio que sempre será parte do soño, e todas as versións da canción son verdadeiras de algún xeito.

No ano 1920, a Alborada de Rosalía foi gravada por un grupo de músicos de Soutelo, e desde daquela moitos gaiteiros tomaron esa versión para aprender e tocar a canción.




mércores, 12 de febreiro de 2025

"A saia da Carolina", no Día Europeo da Música nas Escolas

Temos unha gran noticia!

A Asociación Europea para a Música nas Escolas (EAS), convidounos a celebrar o Día Europeo da Música nas Escolas, ou EuDaMus 2025, que este ano ten un lema súper chulo: "Unlocking Voices" (Desbloqueando Voces), e os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP da Cruz, elixiron "A saia da Carolina" para participar neste convite tan especial.

O día 14 de marzo ás 11 da mañá, mostraranse todos os traballos e proxectos musicais na cerimonia inaugural. 

Ese día estaremos moi atentos para ver como en toda Europa vaise escoitar a nosa versión desta canción tradicional cantada en galego (que tamén se canta en Portugal, León e Asturias). 

Así que preparade os vosos instrumentos, afinade as vosas voces e imos facer música xuntos para celebrar ese día tan chulo!