Translate

martes, 30 de abril de 2024

OS MAIOS

Para celebrar a chegada da primavera, a chegada do mes de maio, imos cantar este cantiga, este "maio" tradicional de Moaña, recollido polo músico e etnógrafo Xavier Blanco. AQUÍ VÉN O MAIO CARGADO DE FLORES AQUÍ VÉN O MAIO SEMENTANDO AMORES
A tradición dos maios "Aínda que existen moitas hipóteses sobre a súa orixe, unha das máis empregadas fala de cando xurden os primeiros rituais que teñen que ver coa recolección. A xesta é a pranta silvestre por excelencia que simboliza o maio. Antigamente collíanse no monte e pendurábanse na roupa ou cubrindo o corpo, nos carros, casas e incluso se adornaban os camiños máis transitados. Desta tradición primixenia destaca o "maio humán", que percorría os pobos e vilas para anunciar o maio. Actualmente desenvólvese na época da exaltación das flores durante a estación primaveral. O máis común é celebralo arredor do primeiro de maio. Aínda que tamén existen outras variedades coma o "maio figurado" ou o "maio maiolo", a expresión máis común e arraigada é a do "maio de palleiro". Ata hai uns anos, estas expresións artísticas facían que se xuntaran os nenos e as nenas para compoñer as coplas e armar as figuras co fin de percorrer os diferentes eirados do pobo e representalos o día primeiro de maio. As coplas describían normalmente o proceso de construcción do maio e outros sucesos e anécdotas ocorridas a nivel local nacional e incluso estatal. O maio de palleiro, tamén chamado árbore do maio, ten forma de palleiro cónico armado sobre unha estructura de varas de cana ou pau con catro asas para podelo transportar. Pode ir revestido con todo tipo de vexetais según a zona, sendo os máis comúns a xesta, fiuncho, todo tipo de flores, bugallos, ovos e froitas coma laranxas ou limóns... Na súa cúpula pode levar unha coroa de flores moi elaborada e colorida. Tradicionalmente para a representación artística, metíase un neno ou nena dentro do palleiro, o cal representaba a voz do maio. Os demáis compoñentes do grupo cantaban as coplas arredor do maio mentres batían os palitroques para o acompañamento.
Do mesmo xeito que sucedía na maioría das representacións do ciclo do ano que desenvolvían os nenos e nenas, a costume era pedir perriñas, carto pequeno para gastar en melindres ou algunha outra trapallada. Ademáis o xuntado referenciaba a valoración do traballo." (Do blog de Xavier Blanco)

venres, 12 de abril de 2024

Surprise Symphony

Novo tema para os de 3º e 4º, para practicar cos carillóns. Trátase da Sinfonía número 94 do compositor Haydn.

mércores, 20 de marzo de 2024