Translate

luns, 16 de novembro de 2020

ACCESO AOS CONTIDOS DIXITAIS do libro

Para acceder aos contidos dixitais do libro de texto:

(Pídevos un correo electrónico)
2- Introducir a licenza
 (é o CÓDIGO QUE VÉN NA PARTE POSTERIOR DA PORTADA DO LIBRO)
3- Xa tedes acceso aos contidos dixitais e ao banco de recursos da editorial


 

Somewhere over the rainbow - Partitura completa

 







xoves, 5 de novembro de 2020

mércores, 28 de outubro de 2020

O SAMAÍN


A canción "No Samaín", de Paco Nogueiras:


En Lingua de Signos:


Percusión corporal coa Familia Adams:



Outros temas para celebrar o Samaín:





venres, 9 de outubro de 2020

sábado, 3 de outubro de 2020

Comezamos o curso con este tema que pertence á banda sonora da película "O mago de Oz"

 

Na película:

 

A versión do músico Israel Kamakawiwo'ole:
:


 

martes, 19 de maio de 2020

Oh, when the saints

Un nvo tema de frauta para 4º:




Este é o tema interpretado polo famosísimo trompetista de jazz Louis Armstrong: 



Na beira do mar

Imos aprender un tema tradicional galego, moi popular, "Na beira do mar".
Nesta partitura aparecen 2 voces. De momento só imos aprender a 1ª voz (corresponde ao pentagrama de arriba de cada sistema de pentagramas), e só ata o compás 17 (ata a nota Mi branca); isto correspondería ao estribillo da canción.
Os que vos atrevades podedes continuar co resto do tema.

E para os de 6º: Encantaríame que algún tocase a 2ª voz; quen se anima?

Déixovos aquí a partitura (aconséllovos que a copiedes no caderno de Música), e tamén un vídeo do estribillo:





(Enviádeme os vosos vídeos tocando ao mal ronseisdemusicas@gmail.com)

CE-E robot

Imos lembrar a canción que bailamos no entroido.
Seguro que tedes clarísimo como foi a coreografía que fixemos entre todos. 


(Se vos apetece, podedes enviarme un vídeo bailándoo ao mail ronseisdemusicas@gmail.com)

domingo, 17 de maio de 2020

Happy

Estamos moi contentos porque xa podemos saír un pouquiño máis (aínda que con sentidiño!).
Imos bailar un tema que nos gusta moito no CEIP da Cruz: "Happy", de Pharrel Williams.


mércores, 29 de abril de 2020

Feliz día da Danza!

Hai algo mellor que bailar?
Bailando aprendemos un montón de cousas: paciencia, disciplina, empatía...
É unha forma fantástica de expresarnos, de escoitarnos, de aceptarnos... e de vivir o presente!
Así que quen se anima a bailar este jambole?

(Se queredes, podedes gravarvos bailando e enviarme o vídeo ao mail ronseisdemusicas@gmail.com)

domingo, 26 de abril de 2020

Xogo de ritmo

Para esta actividade rítmica só necesitades 4 folios de cores diferentes, e ir repetindo en eco cada parte:

luns, 13 de abril de 2020

Musicograma: A primavera

Neste musicograma imos coñecer unha obra do compositor Vivaldi: 

Practicamos ritmo (1º e 2º)

Atrevémonos a seguir estes ritmos?


Audición: Ballet "O Crebanoces"

A danza da fada dos doces ou da fada de azucre pertence ao famoso ballet "O Crebanoces", de Tchaikovsky:

O principal instrumentos que soa é a celesta, un instrumento de percusión parecido ao piano: 

E agora xa podedes practicar o ritimo con este musicograma : 

Black & White (Frauta 4º)

Clickade neste enlace para acceder á partitura con karaoke: Black & White


Danza do Pirata (Frauta 5º)



Somewhere over the rainbow (Flauta 6º)

Esta canción pertence á película "O mago de Oz". Seguro que moitos de vós coñececes esta versión: 


De momento, imos aprender a 1ª parte: 

Aquí tédela con karaoke:



E cando xa a teñades practicado, o seguinte karaoke é só co acompañamento: 


domingo, 22 de marzo de 2020

Xogo de vasos para 3º

Para os nenos e nenas de 3º, aquí vai un xogo cun vaso de plástico:


Beethoven. Himno á alegría



Este ano cúmprese o 250º aniversario do nacemento de Beethoven.
Os nenos de 5º xa estiveron investigando sobre este compositor, pero agora imos aprender o Himno ou Oda á Alegría.
O famoso "Himno da Alegría", que se coñece como o himno da Unión Europea, ten a súa orixe na obra "Oda a Alegría" que o poeta alemán Friedrich von Schiller escribiu en 1785. Este texto foi lido por Beethoven e el fixo a súa versión musical, convertíndose no 4º movemento da súa 9ª Sinfonía:


No seguinte enlace podedes coñecer máis sobre este importante compositor: Beethoven para nenos

Neste vídeo podemos aprender o Himno coa frauta:
(Lembrade poñelo a menos velocidade para practicar)

E a versión de Miguel Rios:

 

O yak

Habitante en libertad
de mesetas tibetanas
todos lo quieren tener
por su leche y por su lana 



Volveremos a brindar

Son días de quedar na casa, e de ser moi pacientes.
Que vos parece se aprendemos esta canción para cantala á volta? 




venres, 20 de marzo de 2020

luns, 16 de marzo de 2020

O gorila


Aos nenos de 1º e 2º encántanlle os animais.
Imos cantar esta canción sobre o gorila, un tema de Susa Herrera, que aparece no libro-cd "En Cabárceno se oye cantar".

xoves, 5 de marzo de 2020

mércores, 12 de febreiro de 2020

Aprendemos a tocar as cunchas

As nenas e nenos de 4º de Primaria están descubrindo un superinstrumento: AS CUNCHAS, e xa comezaron a practicar diferentes ritmos para chegar a ser uns cracks da percusión galega:


Frauta 4º


"Ballade", unha nova peza de frauta para os de 4º

martes, 11 de febreiro de 2020

Beat Box

Os nenos e nenas de 1º e 2º quedaron coa boca aberta ao ver a este pai e esta filla facendo beat boxing

xoves, 16 de xaneiro de 2020

Día da Paz


Para o Día da Paz deste curso canteremos e bailaremos "Cantarela dos Nenos", do poeta Xosé Neira Vilas:




Seguindo este enlace atoparedes idea de actividades para realizar no Día da Paz: https://elrincondeaprenderblog.wordpress.com/2016/01/25/actividades-para-el-dia-de-la-paz/

******************************************************
5º e 6º estiveron preparando o Himno á Alegría: