Translate

mércores, 13 de novembro de 2019

Coñecemos aos compositores: BEETHOVEN


Recoméndovos entrar na páxina da Casa de Beethoven, onde podedes atopar actividades interactivas para coñecer máis sobre este compositor


Beethoven naceu no seo dunha familia moi sinxela en 1770. A súa nai case sempre estaba enferma e o seu pai era o director dunha importante orquestra. Dende moi novo demostrou que era bo na música, polo que o seu pai quería que fose un xenio e obrigouno a practicar piano, clarinete e órgano a toda hora. Beethoven dedicaba tanto tempo a tocar instrumentos musicais que apenas visitaba a escola e cando ía estaba demasiado canso para asistir, polo que a maior parte dos seus días víase obrigado a quedar na casa practicando co piano.
           Moitas veces tivo que levantarse no medio da noite para tocar o piano para amigos e coñecidos do seu pai, que quería impresionarlle co talento do seu fillo tocando o piano.
Cando Beethoven tiña 7 anos o seu pai xa non soubo ensinarlle máis cousas sobre o piano, así que tivo que contratar a un novo profesor para as súas clases de música. Christian Gottlob Neefe ensinoulle a Beethoven todo o referente á Música e  ensinoulle as obras de Mozart e outros músicos moi importantes. Isto inspirou moito a Beethoven, que admiraba tanto a Mozart que soñaba con darlle clases de piano.
           Aos 16 anos viaxou a Viena para coñecer a Mozart e aprender con el, pero a súa nai enfermou e finalmente morreu, polo que tivo que volver á cidade de Bonn para coidar dos seus irmáns pequenos na casa.
           Non foi á escola e o seu pai perdeu o traballo. Con todo, había moita xente que estaba interesada en pagar a Beethoven os seus estudos musicais e axudarlle a continuar a súa carreira como músico.
           Durante 10 anos Beethoven puido vivir da súa música, pero aos 30 anos comezou a notar que estaba perdendo a súa capacidade de escoitar. Pouco a pouco a súa xordeira foi crecendo ata que non conseguiu escoitar ningún son, pero seguiu compoñendo música.
Morreu en 1827 en Viena.
            A SÚA OBRA
           As primeiras obras de Beethoven seguiron a mesma forma que as obras clásicas dos outros compositores, nunca se atreveu a usar un elemento novo.
           Na idade adulta, Beethoven compuxo obras desde a súa propia imaxinación usando novos elementos que sorprenderon ao público e isto fixérono saltar á fama.
           Os seus últimos traballos nunca tiveron demasiado éxito: empregou moitos elementos novos e novas formas de compoñer música que o público non estaba afeito a escoitar. Son composicións que só tiveron éxito despois da súa morte e aínda hoxe son populares.


Ningún comentario:

Publicar un comentario