Translate

martes, 5 de novembro de 2024

"OLE, LARANXIÑA" E "O VERDEGAIO"

Na próxima semana celebraremos o Magosto no CEIP da Cruz, e imos recibir a visita das pandeireteiras "As Camoesas", dirixidas por Eva Méndez, que foi alumna do cole. Para poder cantar con elas, imos aprender dúas cantigas.

1-  O pasadobre de Laxoso (Pontecaldelas), coñecido por "Ole, laranxiña"


Aquí escoitamos ás propias mulleres de Laxoso, que se uniran para formar o grupo "Dignas do querer". Unha delas, Áurea Adán, colaborou moitas veces no programa Luar da TVG; tiña moi boa voz, sabía moitísimas cantigas e tamén improvisaba coplas. 

Nunha entrevista que lle fixeron, inventou estas dúas letras, animando aos nenos a falar en Galego:  

Falade galego, nenos,

xa o falaba a vosa avoa. 

Para falar ben galego, 

hai que mamalo na escola

 

 Cantade todos en galego, 

cantade con alegría; 

o galego é o noso, 

xa o dicía Rosalía 

 

 O programa "Alalá" tamén fixo un programa dedicado ás cantareiras de Laxoso:

 
 
E 4 anos máis tarde fíxose outro "Alalá" a "Dignas do querer": 
 

2- "O Verdegaio" é unha cantiga galego-portuguesa, aprendida a Isaura do Xerelo, de Calvos de Randín (Ourense), e que as famosas pandeireteiras Leilía gravaron hai xa uns anos: