Translate

Amosando publicacións coa etiqueta Música Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Música Galega. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de abril de 2025

OS MAIOS

Para celebrar a chegada da primavera, a chegada do mes de maio, imos cantar este cantiga, este "maio" tradicional de Moaña, recollido polo músico e etnógrafo Xavier Blanco. 
 
 AQUÍ VÉN O MAIO CARGADO DE FLORES
 AQUÍ VÉN O MAIO SEMENTANDO AMORES
 
 
 
A tradición dos maios "Aínda que existen moitas hipóteses sobre a súa orixe, unha das máis empregadas fala de cando xurden os primeiros rituais que teñen que ver coa recolección. A xesta é a pranta silvestre por excelencia que simboliza o maio. Antigamente collíanse no monte e pendurábanse na roupa ou cubrindo o corpo, nos carros, casas e incluso se adornaban os camiños máis transitados. Desta tradición primixenia destaca o "maio humán", que percorría os pobos e vilas para anunciar o maio. Actualmente desenvólvese na época da exaltación das flores durante a estación primaveral. O máis común é celebralo arredor do primeiro de maio. Aínda que tamén existen outras variedades coma o "maio figurado" ou o "maio maiolo", a expresión máis común e arraigada é a do "maio de palleiro". Ata hai uns anos, estas expresións artísticas facían que se xuntaran os nenos e as nenas para compoñer as coplas e armar as figuras co fin de percorrer os diferentes eirados do pobo e representalos o día primeiro de maio. As coplas describían normalmente o proceso de construcción do maio e outros sucesos e anécdotas ocorridas a nivel local nacional e incluso estatal. O maio de palleiro, tamén chamado árbore do maio, ten forma de palleiro cónico armado sobre unha estructura de varas de cana ou pau con catro asas para podelo transportar. Pode ir revestido con todo tipo de vexetais según a zona, sendo os máis comúns a xesta, fiuncho, todo tipo de flores, bugallos, ovos e froitas coma laranxas ou limóns... Na súa cúpula pode levar unha coroa de flores moi elaborada e colorida. Tradicionalmente para a representación artística, metíase un neno ou nena dentro do palleiro, o cal representaba a voz do maio. Os demáis compoñentes do grupo cantaban as coplas arredor do maio mentres batían os palitroques para o acompañamento.
Do mesmo xeito que sucedía na maioría das representacións do ciclo do ano que desenvolvían os nenos e nenas, a costume era pedir perriñas, carto pequeno para gastar en melindres ou algunha outra trapallada. Ademáis o xuntado referenciaba a valoración do traballo." (Do blog de Xavier Blanco)

mércores, 12 de febreiro de 2025

"A saia da Carolina", no Día Europeo da Música nas Escolas

Temos unha gran noticia!

A Asociación Europea para a Música nas Escolas (EAS), convidounos a celebrar o Día Europeo da Música nas Escolas, ou EuDaMus 2025, que este ano ten un lema súper chulo: "Unlocking Voices" (Desbloqueando Voces), e os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP da Cruz, elixiron "A saia da Carolina" para participar neste convite tan especial.

O día 14 de marzo ás 11 da mañá, mostraranse todos os traballos e proxectos musicais na cerimonia inaugural. 

Ese día estaremos moi atentos para ver como en toda Europa vaise escoitar a nosa versión desta canción tradicional cantada en galego (que tamén se canta en Portugal, León e Asturias). 

Así que preparade os vosos instrumentos, afinade as vosas voces e imos facer música xuntos para celebrar ese día tan chulo!



luns, 20 de xaneiro de 2025

A Carolina


Para os de 4º, para tocar coa frauta:


 
As outras voces, que van acompañar tamén á melodía principal:
 








Para os de 5º e 6º, a partitura:
E para os de 4º:

luns, 13 de xaneiro de 2025

martes, 5 de novembro de 2024

"OLE, LARANXIÑA" E "O VERDEGAIO"

Na próxima semana celebraremos o Magosto no CEIP da Cruz, e imos recibir a visita das pandeireteiras "As Camoesas", dirixidas por Eva Méndez, que foi alumna do cole. Para poder cantar con elas, imos aprender dúas cantigas.

1-  O pasadobre de Laxoso (Pontecaldelas), coñecido por "Ole, laranxiña"


Aquí escoitamos ás propias mulleres de Laxoso, que se uniran para formar o grupo "Dignas do querer". Unha delas, Áurea Adán, colaborou moitas veces no programa Luar da TVG; tiña moi boa voz, sabía moitísimas cantigas e tamén improvisaba coplas. 

Nunha entrevista que lle fixeron, inventou estas dúas letras, animando aos nenos a falar en Galego:  

Falade galego, nenos,

xa o falaba a vosa avoa. 

Para falar ben galego, 

hai que mamalo na escola

 

 Cantade todos en galego, 

cantade con alegría; 

o galego é o noso, 

xa o dicía Rosalía 

 

 O programa "Alalá" tamén fixo un programa dedicado ás cantareiras de Laxoso:

 
 
E 4 anos máis tarde fíxose outro "Alalá" a "Dignas do querer": 
 

2- "O Verdegaio" é unha cantiga galego-portuguesa, aprendida a Isaura do Xerelo, de Calvos de Randín (Ourense), e que as famosas pandeireteiras Leilía gravaron hai xa uns anos:

martes, 1 de outubro de 2024

O MEU AMOR MARIÑEIRO

Esta canción foi gravada polo grupo "Fuxan os ventos". A letra é a adaptación ao galego do poema "A trova do amor Lusíada", do poeta portugués Manuel Alegre. Aquí tedes 2 versións: unha, da cantante Tamy Madoy (prima dunha alumna de 5º) e outra de Fuxan os Ventos.

martes, 17 de setembro de 2024

Ribeirana de Lira

Comezamos este curso aprendendo a "Ribeirana de Lira". recollida polos Carunchos na aldea de Lira (Salvaterra de Miño):
div>

venres, 14 de outubro de 2022

Samaín

Xa faltan poucos días para que chegue o Samaín. Imos aprender un tema de Paco Nogueiras, "No Samaín":

Tamén en Lingua de Signos. Animádevos!




venres, 7 de outubro de 2022

Nomeando a chuvia

A primeira canción para este curso é "Nomeando a chuvia", sobre un poema de Fina Casalderrey onde aparecen palabras en galego que serven para nomear a chuvia. 

A música é de Néstor Blanco e canta Uxía (do CD "Lingua guapa"). 

 


 
 
 
 

venres, 30 de setembro de 2022

A saia da Carolina (para carillóns)

 Novo tema para os de 4º e 5º, "A saia da Carolina", un tema tradicional galego, que tamén podemos atopar noutros folclores de España e Portugal: 


 


martes, 13 de setembro de 2022

O son do ar

Para as nenas e nenos de 6º, o tema "O son do ar", do grupo galego Luar na Lubre: 



mércores, 12 de febreiro de 2020

Aprendemos a tocar as cunchas

As nenas e nenos de 4º de Primaria están descubrindo un superinstrumento: AS CUNCHAS, e xa comezaron a practicar diferentes ritmos para chegar a ser uns cracks da percusión galega:


xoves, 21 de novembro de 2019

Instrumentos tradicionais galegos : A PANDEIRETA

Os nenos e nenas de 5º e 6º están investigando sobre os instrumentos da Música Tradicional Galega.
Irea Pérez e Julia Alonso expuxeron o seu traballo sobre a pandeireta.




Aquí tedes un padlet sobre a pandeireta, onde podedes atopar aínda máis información: Padlet pandeireta
Tamén podedes escoitar o Podcast sobre a pandeireta en Radio Camosiña: 
 Podcast "A pandeireta"