Translate

domingo, 12 de febreiro de 2017

Queremos galego

O vindeiro mes de maio, Pablo Díaz e a súa banda animará o Correlingua, que este ano se celebrará en Moaña.
Os nenos e nenas de 6º xa inventaron unha pequena coreografía para o tema "Queremos galego". Veña, todo o mundo a bailar!


Identificar ritmos

Esta é unha páxina moi interesante para que as nenas e nenos de 5º e 6º practiquedes ritmo.
Clickade nos seguintes enlaces:

IDENTIFICAR RITMOS NO COMPÁS DE 2/4
IDENTIFICAR RITMOS NO COMPÁS DE 3/4

xoves, 9 de febreiro de 2017

O aprendiz de bruxo

Outro corto de animación de Disney. Esta vez é "O aprendiz de bruxo", do compositor francés Paul Dukas. Escoitamos as frautas, os clarinetes, os violíns e outros instrumentos da orquesta contándonos a historia dun aprendiz de feiticeiro:



mércores, 1 de febreiro de 2017