Para 4º:
xoves, 17 de setembro de 2026
venres, 12 de xuño de 2026
Coñecendo Galicia
Vai rematando o curso, e con el, o noso proxecto de centro "CoñezCamos Galicia", co que coñecimos un montón de lugares do noso país.
As mascotas de Educación Infantil, Lupo e Lobi Lobi, percorreron Galicia enteira!
Desta vez, para coñecer as provincias de Ourense, Lugo e A Coruña, acompañounos a súa amiga, a ovella Molly:
martes, 2 de xuño de 2026
venres, 22 de maio de 2026
luns, 2 de marzo de 2026
"Kokoleoko", canción tradicional de Ghana
Para os nenos e nenas de 4º de Primaria,
"Kololeoko", un tema tradicional de Ghana
domingo, 1 de febreiro de 2026
Entroido, entroido, entroido!
Aquí temos a nosa canción para celebrar o Entroido deste ano!
Veremos desfilar ás Pantallas de Xinzo, ás Madamas e Galáns de Cobres, aos Volantes de Chantada, aos Xenerais da Ulla, aos Cigarróns de Verín, aos Boteiros de Viana do Bolo e ao Oso de Salcedo.
Un entroido cheo de cores e de tradición! 👹🎶🎶🎶
xoves, 18 de decembro de 2025
No Nadal imos cantar
O Nadal está aquí e non hai excusa para non cantar 🎶✨
martes, 2 de decembro de 2025
Lupo e Lobi Lobi por Pontevedra
As mascotas de Ed. Infantil, os lobiños Lupo e Lobi Lobi, e tamén Camosiña, a mascota da Biblioteca do CEIP da Cruz, lévannos dar un paseo por algúns dos lugares que se poden visitar na provincia de Pontevedra.
Aquí podedes escoitar a canción:
luns, 24 de novembro de 2025
venres, 10 de outubro de 2025
Le basque
Comezamos o curso lembrando esta danza do século XVII, "Le basque", do compositor francés Marin Marais
venres, 25 de abril de 2025
OS MAIOS


Do mesmo xeito que sucedía na maioría das representacións do ciclo do ano que desenvolvían os nenos e nenas, a costume era pedir perriñas, carto pequeno para gastar en melindres ou algunha outra trapallada. Ademáis o xuntado referenciaba a valoración do traballo." (Do blog de Xavier Blanco)
venres, 21 de marzo de 2025
mércores, 19 de febreiro de 2025
Día de Rosalía de Castro
Este venres celebraremos o Día de Rosalía de Castro, a nosa poeta.
Cantaremos esta fermosa versión da Alborada de Rosalía de Castro, musicada pola cantante Uxía:
Logo de que Rosalía escribira a súa Alborada, moitas persoas quixeran saber como era a música que ela usou para a letra.
Foron persoas como Perfecto Feijoo e Casto Sampedro quen se dedicaron a investigar para atopar esa música orixinal. Mesmo a filla de Rosalía, Alexandra, cantou para eles, pero nunca se soubo con certeza cal era a música verdadeira de Alborada.
Así, quedou como unha especie de misterio que sempre será parte do soño, e todas as versións da canción son verdadeiras de algún xeito.
No ano 1920, a Alborada de Rosalía foi gravada por un grupo de músicos de Soutelo, e desde daquela moitos gaiteiros tomaron esa versión para aprender e tocar a canción.
mércores, 12 de febreiro de 2025
"A saia da Carolina", no Día Europeo da Música nas Escolas
Temos unha gran noticia!
O día 14 de marzo ás 11 da mañá, mostraranse todos os traballos e proxectos musicais na cerimonia inaugural.
Ese día estaremos moi atentos para ver como en toda Europa vaise escoitar a nosa versión desta canción tradicional cantada en galego (que tamén se canta en Portugal, León e Asturias).
Así que preparade os vosos instrumentos, afinade as vosas voces e imos facer música xuntos para celebrar ese día tan chulo!
luns, 20 de xaneiro de 2025
A Carolina
Para os de 5º e 6º, a partitura: E para os de 4º:






