Translate

martes, 30 de maio de 2017

Sombras chinescas

"Sombras Chinescas", a nova peza de frauta para 4º

Se queredes seguir practicando,
aquí tedes o enlace ao blog de Don Lu
Animádesvos?





martes, 21 de marzo de 2017

xoves, 16 de marzo de 2017

Take on me

Unha canción do ano 1985, do grupo pop A-ha
Podemos bailar a coreografía co Just Dance


venres, 3 de marzo de 2017

Con poucas notas, tocas

Unha canción para frauta para os de 4º:
Clickade neste enlace e poderedes practicalo: Con poucas notas tocas (karaoke)


Pinceladas nocturnas

Os de 5º xa tedes un tema novo (tamén de Anaya)
No seguinte enlace tedes o karaoke; xa podedes practicar, que vos vai saír moi ben: 




domingo, 12 de febreiro de 2017

Queremos galego

O vindeiro mes de maio, Pablo Díaz e a súa banda animará o Correlingua, que este ano se celebrará en Moaña.
Os nenos e nenas de 6º xa inventaron unha pequena coreografía para o tema "Queremos galego". Veña, todo o mundo a bailar!


Identificar ritmos

Esta é unha páxina moi interesante para que as nenas e nenos de 5º e 6º practiquedes ritmo.
Clickade nos seguintes enlaces:

IDENTIFICAR RITMOS NO COMPÁS DE 2/4
IDENTIFICAR RITMOS NO COMPÁS DE 3/4

xoves, 9 de febreiro de 2017

O aprendiz de bruxo

Outro corto de animación de Disney. Esta vez é "O aprendiz de bruxo", do compositor francés Paul Dukas. Escoitamos as frautas, os clarinetes, os violíns e outros instrumentos da orquesta contándonos a historia dun aprendiz de feiticeiro:



mércores, 1 de febreiro de 2017

mércores, 25 de xaneiro de 2017

O país da Música

Neste corto de animación de Disney, a princesa violoncello da Illa da Sinfonía namórase do príncipe saxofón da Illa do Jazz