Translate

mércores, 27 de febreiro de 2019

Chega o entroido!

No CEIP da Cruz estamos moi atarefados preparando o entroido.

Os nenos e nenas de 1º e 2º fixemos unha adaptación do tema da Sirenita, falando da riqueza do mar e os areais de Nigrán:


Día de Rosalía no CEIP da Cruz

Estamos de celebración: o domingo 23 de febreiro foi o Día de Rosalía.
Baixamos ata Panxón ao concerto "Rosalía Pequeniña", da cantante Uxía, e o luns, na entrada do cole, houbo un pequeno acto no que o gaiteiro Antón González e Pili, a profe de Música, interpretaron a "Alborada de Rosalía de Castro".
Leuse un pequeno manifesto (da Asociación de Gaiteiros Galegos) e pegamos versos de Rosalía nun mural.





Escoitamos a versión da Alborada dos Gaiteiros de Soutelo: