Translate

domingo, 23 de outubro de 2022

Día das Bibliotecas

Dende a clase de Música celebramos o Día das Bibliotecas co conto "Corre, corre, Cabaciña", un conto portugués adaptado ao galego. - Conto con pictogramas:
- Partitura para tocar con instrumentos Orff:
orMfn0wSO5_4oQ500C3f7ee7Dnj8Z2vmXg5WpEKSORbIIqYzVKSkcKpCXlsddIl2Szf5c19oEld6vRZVhoMHxYfzWQzlqNOgds0e8vacup_ReHFeN6pN9nTBSUX-ng4XUT7_krQQKJe6JeGh2gWcH2KAlh9VMMpg7S-qmWG-Ry/s320/Corre,_corre_cabaci%C3%B1a-1.png"/>
- Vídeo da partitura en Do:
- Actividades:

venres, 14 de outubro de 2022

Samaín

Xa faltan poucos días para que chegue o Samaín. Imos aprender un tema de Paco Nogueiras, "No Samaín":

Tamén en Lingua de Signos. Animádevos!




venres, 7 de outubro de 2022

Samba Lelé

 Aos de 1º encantoulles esta canción brasileira, "Samba lelé:

 

A avoa da profe Pili, que era portuguesa, tamén cantaba esta canción, pero un pouco distinta; o Zumba olé:



Nomeando a chuvia

A primeira canción para este curso é "Nomeando a chuvia", sobre un poema de Fina Casalderrey onde aparecen palabras en galego que serven para nomear a chuvia. 

A música é de Néstor Blanco e canta Uxía (do CD "Lingua guapa"). 

 


 
 
 
 

venres, 30 de setembro de 2022

A saia da Carolina (para carillóns)

 Novo tema para os de 4º e 5º, "A saia da Carolina", un tema tradicional galego, que tamén podemos atopar noutros folclores de España e Portugal: 


 


martes, 20 de setembro de 2022

Blues oriental

 
 
Comezamos o curso cun novo tema para 3º e 4º, "Blues Oriental", para carillón e frauta:

 

Para frauta, podemos repasar en casa con este vídeo:

Blues oriental frauta


 

martes, 13 de setembro de 2022

martes, 24 de maio de 2022

Día de África



Celebramos o día de África cunha rolda
Infantil Africana, "Olelé", cantada na lingua Lingala.

O Lingala non é a lingua de ningún pobo en particular, senón que é o resultado da mestura de varias linguas (bobangi, kikongo, suahili, francés, etc.) centroafricanas.