Translate

martes, 31 de maio de 2016

Escola de Música de Moaña





Coma tódolos anos, a Escola de Música de Moaña, ofrécenos un marabilloso concerto didáctico para os nenos e nenas dos colexios moañeses.
Este ano, farase sobre o conto "Xián e as fabas máxicas", e en Seara iremos velo e escoitalo tódolos nenos dende Infantil de 3 anos ata 3º de Primaria.
Xa sabemos as cancións ... así que ... a cantar moito e a pasalo moi ben!!!



xoves, 19 de maio de 2016

mércores, 9 de marzo de 2016

MULLERES NA MÚSICA GALEGA

Onte, 8 de marzo, foi o Día Internacional da Muller: Susana Seivane, Magoia Bodega, Guadi Galego, Ugía Pedreira, Rosa Cedrón, Cristina Pato, as Leilía, Lulavai, Uxía Senlle, Sés ... e moitas máis mulleres da Música Galega das que estivemos a falar esta semana:





Nordestin@as, Guadi Galego e Ugía Pedreira acompañadas ó piano por Abe Rábade


E a petición dos nenos e nenas de 4º, poñemos tamén o vídeo "Doade" de Fiandola:


Se queredes saber algo máis dalgunha delas, visitade o blog do mestre Xaime Estévez:
http://educafolk.blogspot.com.es/2016/01/mulleres-gaiteiras.html

E sobre algunhas mulleres que cambiaron a historia da Música:
http://socialmusik.es/9-mujeres-que-cambiaron-la-historia-de-la-musica/

xoves, 25 de febreiro de 2016

Fais dodo

FAIS DODO
En 4º estamos aprendendo un tema chamado "Fais dodo" ("Durme").
Nesta partitura aparecen as dúas partes, A e B, pero nós aínda estamos practicando a parte A, ata a dobre barra con dous puntos, que quere dicir que se repite.





Podemos practicala dende a páxina web do noso querido "Don Lu":
Fais Dodó

mércores, 24 de febreiro de 2016

Negra e dúas corcheas

APRENDO MOITA MÚSICA!
Os nenos e nenas de 1º A e 1º B estamos practicando o ritmo coas figuras NEGRA (ta) e CORCHEAS (ti-ti).
Gústanos a páxina web "Aprendo Música con las TIC"

http://www.aprendomusica.com/swf/parejaCorcheas.html

luns, 22 de febreiro de 2016

O balón

Para os de 2º, a cantiga "O balón", gravado por "Donicelas", un grupo de Salceda de Caselas.

https://www.youtube.com/watch?v=LQ6GfFcVoqo

Póñovos tamén o enlace para de Cantigas de taberna, para que vaiades cantando outros temas populares galegos:
http://cantigasdetaberna.blogspot.com.es/




mércores, 17 de febreiro de 2016

O son do ar

O SON DO AR é o título do tema do grupo Luar na Lubre que estamos preparando os de 6º.
Aquí tedes o enlace (xa sabedes que podedes poñelo a unha velocidade máis lenta para practicalo mellor)