Translate

xoves, 3 de novembro de 2016

mércores, 26 de outubro de 2016

Danza dos esqueletos

Como nos gusta este corto animado de WALT DISNEY, "A danza dos esqueletos" (The skeleton dance)!
Neste corto, do ano 1929, un grupo de esqueletos pásano xenial bailando e facendo música nun cemiterio:



martes, 25 de outubro de 2016

Practicamos ritmo


Estamos repasando os ritmos coas figuras NEGRA, CORCHEAS E SILENCIO DE NEGRA.
Se queredes practicar o que estivemos facendo en clase, pinchade en "Aprendo Música con las TIC"

Chega o Samaín

Chega o Samaín e imos cantar a canción "O morcego", que aparece no cd "Animais enCantadores" de Susa Herrera


martes, 31 de maio de 2016

Escola de Música de Moaña





Coma tódolos anos, a Escola de Música de Moaña, ofrécenos un marabilloso concerto didáctico para os nenos e nenas dos colexios moañeses.
Este ano, farase sobre o conto "Xián e as fabas máxicas", e en Seara iremos velo e escoitalo tódolos nenos dende Infantil de 3 anos ata 3º de Primaria.
Xa sabemos as cancións ... así que ... a cantar moito e a pasalo moi ben!!!