Con percusión corporal:
Amosando publicacións coa etiqueta Compositores b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Compositores b>. Amosar todas as publicacións
luns, 2 de marzo de 2026
venres, 10 de outubro de 2025
Le basque
Comezamos o curso lembrando esta danza do século XVII, "Le basque", do compositor francés Marin Marais
luns, 13 de abril de 2020
Audición: Ballet "O Crebanoces"
A danza da fada dos doces ou da fada de azucre pertence ao famoso ballet "O Crebanoces", de Tchaikovsky:
O principal instrumentos que soa é a celesta, un instrumento de percusión parecido ao piano:
E agora xa podedes practicar o ritimo con este musicograma :
mércores, 13 de novembro de 2019
Coñecemos aos compositores: BEETHOVEN
Recoméndovos entrar na páxina da Casa de Beethoven, onde podedes atopar actividades interactivas para coñecer máis sobre este compositor
Beethoven naceu no seo dunha familia moi
sinxela en 1770. A súa nai case sempre estaba enferma e o seu pai era o
director dunha importante orquestra. Dende moi novo demostrou que era bo na
música, polo que o seu pai quería que fose un xenio e obrigouno a practicar
piano, clarinete e órgano a toda hora. Beethoven dedicaba tanto tempo a tocar
instrumentos musicais que apenas visitaba a escola e cando ía estaba demasiado
canso para asistir, polo que a maior parte dos seus días víase obrigado a
quedar na casa practicando co piano.
Moitas
veces tivo que levantarse no medio da noite para tocar o piano para amigos e
coñecidos do seu pai, que quería impresionarlle co talento do seu fillo tocando
o piano.
Cando Beethoven tiña 7 anos o seu pai xa
non soubo ensinarlle máis cousas sobre o piano, así que tivo que contratar a un
novo profesor para as súas clases de música. Christian Gottlob Neefe ensinoulle
a Beethoven todo o referente á Música e ensinoulle as obras de Mozart e outros músicos
moi importantes. Isto inspirou moito a Beethoven, que admiraba tanto a Mozart
que soñaba con darlle clases de piano.
Aos
16 anos viaxou a Viena para coñecer a Mozart e aprender con el, pero a súa nai
enfermou e finalmente morreu, polo que tivo que volver á cidade de Bonn para
coidar dos seus irmáns pequenos na casa.
Non
foi á escola e o seu pai perdeu o traballo. Con todo, había moita xente que
estaba interesada en pagar a Beethoven os seus estudos musicais e axudarlle a
continuar a súa carreira como músico.
Durante
10 anos Beethoven puido vivir da súa música, pero aos 30 anos comezou a notar
que estaba perdendo a súa capacidade de escoitar. Pouco a pouco a súa xordeira
foi crecendo ata que non conseguiu escoitar ningún son, pero seguiu compoñendo
música.
Morreu en 1827 en Viena.
As
primeiras obras de Beethoven seguiron a mesma forma que as obras clásicas dos
outros compositores, nunca se atreveu a usar un elemento novo.
Na
idade adulta, Beethoven compuxo obras desde a súa propia imaxinación usando
novos elementos que sorprenderon ao público e isto fixérono saltar á fama.
Os
seus últimos traballos nunca tiveron demasiado éxito: empregou moitos elementos
novos e novas formas de compoñer música que o público non estaba afeito a
escoitar. Son composicións que só tiveron éxito despois da súa morte e aínda
hoxe son populares.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

