Translate

martes, 19 de maio de 2020

Oh, when the saints

Un nvo tema de frauta para 4º:




Este é o tema interpretado polo famosísimo trompetista de jazz Louis Armstrong: 



Na beira do mar

Imos aprender un tema tradicional galego, moi popular, "Na beira do mar".
Nesta partitura aparecen 2 voces. De momento só imos aprender a 1ª voz (corresponde ao pentagrama de arriba de cada sistema de pentagramas), e só ata o compás 17 (ata a nota Mi branca); isto correspondería ao estribillo da canción.
Os que vos atrevades podedes continuar co resto do tema.

E para os de 6º: Encantaríame que algún tocase a 2ª voz; quen se anima?

Déixovos aquí a partitura (aconséllovos que a copiedes no caderno de Música), e tamén un vídeo do estribillo:





(Enviádeme os vosos vídeos tocando ao mal ronseisdemusicas@gmail.com)

CE-E robot

Imos lembrar a canción que bailamos no entroido.
Seguro que tedes clarísimo como foi a coreografía que fixemos entre todos. 


(Se vos apetece, podedes enviarme un vídeo bailándoo ao mail ronseisdemusicas@gmail.com)

domingo, 17 de maio de 2020

Happy

Estamos moi contentos porque xa podemos saír un pouquiño máis (aínda que con sentidiño!).
Imos bailar un tema que nos gusta moito no CEIP da Cruz: "Happy", de Pharrel Williams.


mércores, 29 de abril de 2020

Feliz día da Danza!

Hai algo mellor que bailar?
Bailando aprendemos un montón de cousas: paciencia, disciplina, empatía...
É unha forma fantástica de expresarnos, de escoitarnos, de aceptarnos... e de vivir o presente!
Así que quen se anima a bailar este jambole?

(Se queredes, podedes gravarvos bailando e enviarme o vídeo ao mail ronseisdemusicas@gmail.com)

domingo, 26 de abril de 2020

Xogo de ritmo

Para esta actividade rítmica só necesitades 4 folios de cores diferentes, e ir repetindo en eco cada parte: